Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSdeG e BNG manteñen o goberno local en Lugo, malia a vitoria do PP

PSdeG e BNG manteñen o goberno local en Lugo, malia a vitoria do PP

Elena Candia obtén 12 edís para os populares, a un da maioría absoluta, que si consegue sumar a esquerda

G24.gal 28/05/2023 22:03 Última actualización 29/05/2023 01:33

O PSdeG de Lara Méndez conserva os seus 8 edís, mentres que o BNG retén as súas cinco actas e Ciudadanos desaparecería na capital. Elena Candia obtén 12 edís para os populares, a un da maioría absoluta.

O bloque das esquerdas sumará os 13 precisos para a maioría e así a socialista Lara Méndez poderá reter a alcaldía co apoio do BNG.

"Gustaríame agradecer a todas as persoas que depositaron a súa confianza no PSOE, que se viu incrementada tanto en votos como en porcentaxe. É unha forma de recoñecemento do noso proxecto".

O BNG conserva as cinco actas e Rubén Arroxo seguirá sendo o tenente de alcaldesa. O cabeza de lista nacionalista recoñecía que esperaba un mellor resultado, pero tamén destacou que foi o mellor en canto número de votos da historia do BNG de Lugo. Tamén que conseguiron que o PP non chegase á maioría absoluta.

Rubén Arroxo comprométese a seguir traballando por Lugo: "Quedan catro anos nos que haberá que seguir traballando, como fixemos durante estes catro anos, corrixir aqueles erros que puidésemos cometer e traballar para que poida ser o mellor posible. Estamos convencidos, que imos facer que Lugo sexa a mellor cidade para vivir do mundo. Cremos niso e o imos levar adiante. Moitas grazas a todos e seguiremos aí, por supostos".

O Partido Popular segue a ser a forza máis votada en Lugo e pasa de dez a doce edís, ao sumar os dous que perdeu Ciudadanos, que desaparece da corporación municipal. Elena Candia quedou ás portas da maioría absoluta e destacaba que o PP foi a forza máis votada no municipio de Lugo.

"O resultado é que gañamos as eleccións, como todos sabedes. Que non conseguimos a maioría absoluta e que felicitamos a todos os participantes e por suposto seguiremos traballando para responder a todos eses, máis de 21.000 lucenses, que nos depositaron a súa confianza", concluíu Candia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade