Cargando resultados...
Empresas de autobuses protestan pola licitación das liñas regular e escolar
Os convocantes denuncian que Monbus copa o 80 % do mercado, sen poder facer fronte ás condicións dos contratos

G24.gal
16/03/2022 13:49
Medio cento de autobuses chegados de todas as provincias galegas concentráronse este mércores diante da sede da Xunta en protesta polas licitacións do transporte regular e escolar á empresa Monbus.
Denuncian que o grupo Monbus copa o 80 % do mercado, que non cumpre coas condicións dos contratos e que non conta coa frota suficiente para dar cobertura ás rutas.
A protesta estaba convocada pola asociación Galibus, que presentou unha demanda penal contra a concesión das liñas na comunidade.