Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protección Civil pide non levar ás zonas de incendios de xeito particular axuda non solicitada

Protección Civil pide non levar ás zonas de incendios de xeito particular axuda non solicitada

Piden que os traslados de material se fagan sempre baixo a supervisión do posto de mando avanzado para evitar perigos

G24.gal 19/08/2025 13:46

O traballo sen descanso dos efectivos de loita contra o lume e as imaxes de devastación que deixan as lapas está esperando o espírito solidario dos galegos.

Pero como axudar os afectados polos incendios? Desde Protección Civil insisten en que todo o material que se faga chegar á zona debe responder a unha demanda, estar axustado ás necesidades e chegar a través das canles axeitadas.

Unha mensaxe importante para que a boa vontade non acabe por entorpecer o propio operativo.

"Todos nestes casos queremos axudar. Ves as imaxes e non podes pensar noutra cousa, pero a axuda debe ser canalizada, debemos saber que se precisa, onde levala e como repartila. E sempre baixo a supervisión do posto de mando avanzado", dixo Begoña del Río, a responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade