Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios en Vilaboa e Oia obrigan a desaloxar 4 vivendas e un cámping

Os incendios en Vilaboa e Oia obrigan a desaloxar 4 vivendas e un cámping

O de Vilaboa obrigou a desaloxar 14 persoas de catro vivendas no lugar de Paradellas, en Santa Cristina de Cobres

O de Oia fixo que desaloxaran 45 persoas do cámping de Mougás 

Vista do incendio de Vilaboa dende Redondela Vista do incendio de Vilaboa dende Redondela
G24.gal 21/08/2025 20:21 Última actualización 21/08/2025 22:56

Dous incendios na provincia de Pontevedra teñen en alerta as poboacións de Vilaboa e Oia.

A Xunta activou o nivel 2 de emerxencia en ambos casos debido á proximidade do lume ás vivendas.

Activo Vilaboa-San Cristina de Cobres. Desaloxadas 14 persoas en Paradellas

O incendio de Vilaboa afecta a parroquia de Santa Cristina de Cobres. A situación 2 declarouse como medida preventiva pola proximidade ao núcleo de Vilar.

Segundo as últimas estimacións provisionais, o incendio afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 5 axentes, 10 brigadas, 13 motobombas, 1 pala, 2 técnicos, 4 helicópteros e 8 avións.

Os bombeiros que vixían a zona temen que un cambio de vento poida supoñer unha maior ameaza para as casas.

Este incendio obrigou a desaloxar 14 persoas de catro vivendas no lugar de Paradellas, en Santa Cristina de Cobres.

Activo un incendio en Oia-Mougás que supera as 20 hectáreas

Dende as 18:41 horas está activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Oia, parroquia de Mougás, no que se acaba de activar a situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Mougás e que supera as 20 hectáreas.

Mobilizáronse de xeito acumulado para a súa extinción 3 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 1 pala, 1 técnico, 1 helicóptero e 2 avións.

Este incendio obrigou a cortar a estrada PO-552 e a desaloxar 45 persoas do cámping de Mougás. As persoas puideron retornar ás instalacións, mentres que algunhas delas quedaron aloxadas no cámping Santa Tecla, na Guarda.

 

Cabo Silleiro co incendio de Oia ao fondo Cabo Silleiro co incendio de Oia ao fondo

Activo Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos: 19.000 hectáreas

Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Os tres acabaron por unirse nun só incendio, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor de 19.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 153 axentes, 188 brigadas, 113 motobombas, 19 pas, 17 unidades técnicas de apoio, 30 helicópteros e 29 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín: 17.000 hectáreas

O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres 15 ás 17:22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 17.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 138 axentes, 180 brigadas, 113 motobombas, 4 pas, 7 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo A Mezquita-A Esculqueira: 10.000 hectáreas

Desde as 09:42 horas do martes 12 está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 10.000 hectáreas en territorio galego. Este incendio afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 7 técnicos, 45 axentes, 53 brigadas, 48 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

Activo Larouco-Seadur: 30.000 hectáreas

Desde as 18:55 do mércores 13 está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta unha superficie estimada de máis de 30.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 47 técnicos, 198 axentes, 251 brigadas, 199 motobombas, 11 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Carballeda de Valdeorras-Casaio (anteriormente A Veiga-A Ponte)

Desde as 18:42 horas de luns está activo un lume no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (anteriormente denominado A Veiga-A Ponte), que segundo as últimas estimacións provisionais afecta 2.600 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 17 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 1 técnico, 4 avións e 8 helicópteros.

Estabilizado Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas: 4.000 ha

O venres 15 ás 16:38 horas iniciouse o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18:16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia das Regadas. Os dous lumes uníronse nun só lume, que está xa estabilizado e que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 79 axentes, 136 brigadas, 83 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 10 helicópteros e 12 avións.

Estabilizado Maceda (Santiso e Castro de Escuadro): 3.500 ha

O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume que quedou estabilizado ás 00:37 horas do martes 19. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 técnicos, 94 axentes, 147 brigadas, 84 motobombas, 11 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado Vilardevós-Moialde: 600 ha

Ás 20:22 horas de onte estabilizouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16:05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 600 hectáreas.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 28 axentes, 39 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 6 avións.

Estabilizado Vilardevós-Vilar de Cervos: 900 ha

Ás 23:44 horas do martes 19 quedou estabilizado o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, iniciado mércores 13 ás 18:09. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 22 axentes, 14 brigadas, 15 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.

Estabilizado Vilardevós-Fumaces e a Trepa

Estabilizado desde as 01:39 horas do martes 19 o incendio iniciado ás 17:41 horas do xoves 14 no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións roza as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.

Estabilizado Riós-Trasestrada: 20 ha

Estabilizado desde as 01:39 horas do martes 19 o lume que comezou o luns ás 14:33 horas no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.

Estabilizado Montederramo-Paredes: 120 ha

Segue estabilizado desde as 10:35 horas do martes 12 o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04:50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade