Publicador de contidos

Publicador de contidos

Propoñen un tren de proximidades dende Viana a Vigo

Propoñen un tren de proximidades dende Viana a Vigo

A demanda dunha conexión ferroviaria que mellore a comunicación con Portugal non se limita á alta velocidade

Unha inciativa para crear un servizo de proximidades transfronteirizo suma apoios nos dous países

G24.gal 21/01/2023 14:48 Última actualización 21/01/2023 15:16

A Valença do Miño chegan todos os días trece trens procedentes do sur de Portugal, pero só dous atravesan a fronteira con España. Distintas institucións e asociacións dos dous países reclaman un servizo de proximidade transfronteirizo e intermodal entre Vigo e Viana.


"Son dúas poboacións que ao longo do seu percorrido aglutinan polígonos industriais moi potentes. É sobre unha infraestrutura que xa existe, o que hai que facer é presentar estratexias de frecuencias horarias adaptadas ás necesidades dos cidadáns", explica Antón Conde, secretario xeral da Federación Ferroviaria de CC. OO. en Pontevedra.

 

O sector ferroviario de Comisión Obreiras busca apoios para facer realidade esta iniciativa.

"Buscamos o consenso das institucións", apunta Conde.
 

Argumentan que o tren de proximidade e o de alta velocidade deben ser servizos complementarios. Unha conexión, a do AVE entre Galicia e Portugal, para a que a Xunta reclama máis compromiso orzamentario do goberno central.

 

"Vemos o orzamento de España con 29.900 euros, que o certo vemos que non é un asunto prioritario e que acumula atrasos, chove sobre mollado, di a Conselleira de infraestruturas", Ethel Vázquez.
 

Portugal acaba de anunciar para xuño o inicio da liña de alta velocidade ao Porto.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade