Publicador de contidos

Publicador de contidos

Promoven a creación de paquetes turísticos no Courel e Valdeorras

Promoven a creación de paquetes turísticos no Courel e Valdeorras

Turismo de Galicia dota 90.000 euros para que a Asociación Galega de Axencias de Viaxes deseñe as propostas cos axentes locais

Prevén que se poidan ofertar na temporada de outono 

Insisten en que a pesar do incendio os visitantes teñen moito do que gozar

G24.gal 11/08/2022 14:41 Última actualización 11/08/2022 15:09

Sobre o terreo, nunha casa rural do Courel, Turismo de Galicia promoveu un primeiro encontro entre axentes do sector e entidades locais para facer propostas concretas para reactivar a actividade nas zonas máis afectadas polos incendios de xullo.

"Ao Courel pódese seguir vindo, comer, descansar, facer rutas. Esa é a forma máis bonita e máis produtiva de podernos axudar", recalcaba a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, que tamén participou na xornada de traballo.

Partindo desa premisa, a sesión tivo como base un convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes para elaborar paquetes turísticos que axuden a recuperar visitantes. 

O convenio está dotado con 90.000 euros e prevé que as axencias de viaxes oferten xa os novos paquetes turísticos na temporada de outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade