Publicador de contidos

Publicador de contidos

Profanan unha tumba nunha parroquia da Estrada

Profanan unha tumba nunha parroquia da Estrada

Os veciños aseguran que para quitar as lápidas tiveron que empregar unha panca de ferro ou algún tipo de ferramenta semellante

Os donos pecharon de novo o nicho despois de comprobar que no interior estaban os restos normais para un enterramento feito en 1971

No nicho quedaron as sinais da panca de ferro que empregaron para abrir a tumba
G24.gal 30/01/2023 13:49

Na parroquia de Loimil, na Estrada, os veciños non saen do seu asombro despois de descubrir que alguén abriu un nicho e deixou a lápida no chan. Descoñécese cal era a súa intención ou se fixeron algo aos restos que alí hai.

Os veciños aseguran que, para quitar as lápidas, tiveron que empregar unha panca de ferro ou algún tipo de ferramenta semellante, xa que se atopaba ben pechado con cemento. Foron coidadosos no seu traballo. A lápida de mármore que cubre a parte frontal do nicho, quedou enteira. Os veciños que foron ao cemiterio para limpar e colocar flores e atopáronse coa desagradable sorpresa.

Unha das veciñas que atopou o nicho aberto asegura estar asombrada polo acontecido: "As lápidas puxéronas no chan, as dúas. E todo aberto. Víase roupa, un zapato, anacos de táboas e as serraduras da madeira. Eu atopeino así onte as dez da mañá. Así que tivo que ser onte porque o sábado houbo un cabodano. Eu vin ao cabodano e estaba todo cerrado. As dez vinlle abrir as pitas do veciño, e collín unhas flores a púxenas aquí nos nichos do lado e xa vin todo aberto. Estrañoume moito pero....".

Os donos pecharon de novo o nicho despois de comprobar que no interior estaban os restos normais para un enterramento feito en 1971. Os veciños din que non viron nada estraño, nin persoas descoñecidas polos arredores. Ninguén sabe, nin imaxina quen, nin por que motivo puideron profanar o nicho.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade