Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas de abastecemento nas farmacias españolas

Problemas de abastecemento nas farmacias españolas

A crise da industria alemá pola ruptura da alianza enerxética con Rusia podería estar detrás do problema

Os profesionais fan un chamamento á calma porque hai alternativas para todos os tratamentos que faltan

G24.gal 21/03/2023 16:31

A amoxicilina en formato infantil, un dos antibióticos máis comúns, presenta problemas de abastecemento nas farmacias, pero non é o único.

"Houbo un momento que non había ningunha amoxicilina e tamén houbo outros problemas con medicamentos para a asma", conta o farmacéutico Alfonso Teijeiro.

Nalgúns casos poden adaptarse os medicamentos de adultos a doses para nenos. 

O problema aparece cando non hai alternativas que poidan decidir na propia farmacia.

Os profesionais insisten en que non hai motivo para a alarma, xa que sempre hai opción para os tratamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade