Publicador de contidos

Publicador de contidos

Proba de nivel do Deportivo Abanca diante do Athlétic (2-3)

Proba de nivel do Deportivo Abanca diante do Athlétic (2-3)

Vitoria do equipo bilbaíno, cuarto clasificado o ano pasado na Liga Feminina, nun partido moi entretido

G24.gal 03/08/2025 09:50

O Deportivo Abanca continúa coa preparación para a vindeira temporada cunha proba de moito nivel ante o Athlétic de Bilbao (3-2), que rematou cuarto a pasada liga. As vascas demostraron pegada. Daniela Agote marchou en velocidade e cedeulle o balón a Oihana para que superase a Yohana a pracer. Minuto 41 e semella que o gol espertou as coruñesas porque só catro minutos despois chegou o tanto do empate, gran xogada persoal de Ainhoa Marín e tanto de Marisa. A xogadora cedida polo Real Madrid estreouse como goleadora co Deportivo Abanca xusto antes do descanso. No segundo tempo, carrusel de trocos, entre eles o da porteira. Entrou Inés Pereira e apañou o segundo no 55 tras un roubo de Nerea Nevado, que lle regalou o gol a Pinedo.

Outro erro defensivo, neste caso do Athlétic, aproveitouno Bárbara para volver poñer as táboas no marcador. Era o minuto 65. E dez despois, Agote colleulle as costas á zaga branca e azul, caneou a Inés Pereira e puxo o definitivo 3-2, resultado que demostra que aínda hai cousas por mellorar. Un bo camiño que continúa o vindeiro sábado ante o Braga no Teresa Herrera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade