Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para un home que golpeou dez mulleres descoñecidas no metro de Barcelona

Prisión sen fianza para un home que golpeou dez mulleres descoñecidas no metro de Barcelona

Golpeou con tal forza unha delas que lle rebentou o tímpano

G24.gal 11/02/2024 19:47 Última actualización 11/02/2024 19:56

Decretado o ingreso en prisión sen fianza para o home que este venres atacou e insultou a todas as mulleres que ía atopando ao seu paso no metro de Camp de l'Arpa, na liña 5 de Barcelona, segundo recollen unhas imaxes captadas polas cámaras de seguridade.

O agresor, de orixe magrebí e con antecedentes penais por roubos, golpeou con tal forza unha das súas vítimas que a tirou ao chan e lle rebentou un tímpano. Inicialmente, o detido agrediu dez mulleres, aínda que poderían ser máis.

Debido a estes feitos, ten aberta unha causa por lesións e trato degradante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade