Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional por asasinato para a muller detida pola morte do seu bebé en Gran Canaria

Prisión provisional por asasinato para a muller detida pola morte do seu bebé en Gran Canaria

A exparella da muller asegurou que nos días previos detectara comportamentos estraños e mensaxes incoherentes por parte da investigada

Detida unha muller acusada de afogar o seu bebé nas Palmas de Gran Canaria

A policía percorreu as praias de San Cristóbal na procura de pistas (Efe) A policía percorreu as praias de San Cristóbal na procura de pistas (Efe)
G24.gal 09/03/2026 17:32

Un xulgado das Palmas de Gran Canaria decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller de 29 anos arrestada a semana pasada pola súa implicación na morte do seu bebé de 20 meses.

A muller está acusada dun delito de asasinato con aleivosía.

Os feitos ocorreron na noite do pasado mércores, 4 de marzo, cando varias persoas alertaron os servizos de emerxencia da presenza unha muller camiñando descalza e desorientada pola zona da parada de autobuses do cruzamento de Hoya de la Plata mentres sostiña nos brazos unha meniña envolta nunha manta.

Os presentes comprobaron que o bebé non respondía a estímulos, polo que avisaron o 112.

Os equipos sanitarios fixéronlle manobras de reanimación cardiopulmonar tras comprobar que a criatura se atopaba en parada cardiorrespiratoria.

Posteriormente, a pequena foi trasladada nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Materno Infantil, onde continuaron as manobras de reanimación durante preto de unha hora sen éxito.

Dixo que a nena caera ao mar

A nai explicou nun primeiro momento aos axentes da Policía Nacional que a nena caera ao mar aínda que non puido concretar como ocorreu.

Neste sentido, os efectivos comprobaron que tanto ela como a menor tiñan a roupa mollada e localizaron nunha zona de rocas próxima as zapatillas da muller.

Máis tarde, a nai relatou que ese día fora coa súa filla a Maspalomas e que regresaran pola tarde á capital grancanaria quedando na zona de San Cristóbal, onde afogou a pequena nun charco de auga mariña formado entre as rocas para logo recollela e dirixirse a coller un autobús

A exparella da muller asegurou que nos días previos detectara comportamentos estraños e mensaxes incoherentes por parte da investigada, en que afirmaba sentirse perseguida ou escoitar voces.

Por último, tras a morte da menor e ante os indicios existentes, a nai da nena foi detida e sometida a unha avaliación médica e psiquiátrica, en que non se detectaron alteracións orgánicas nin consumo de drogas, pero os profesionais apreciaron certa indiferenza afectiva durante a entrevista clínica.

Estes feitos levaron a autoridade xudicial a investigar a muller por un presunto delito de asasinato con aleivosía da menor, sancionado con pena de prisión permanente revisable.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade