Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller acusada de afogar o seu bebé nas Palmas de Gran Canaria

Detida unha muller acusada de afogar o seu bebé nas Palmas de Gran Canaria

O Xulgado de Violencia contra a Infancia e a Adolescencia nas Palmas de Gran Canaria fíxose cargo do caso, investiga as circunstancias do sucedido e decretou o segredo do sumario
 

A policía percorreu as praias de San Cristóbal na procura de pistas (Efe) A policía percorreu as praias de San Cristóbal na procura de pistas (Efe)
G24.gal 05/03/2026 14:21

Unha muller foi detida nas Palmas de Gran Canaria acusada de matar presuntamente a súa filla de ano e medio, á que puido afogar no barrio mariñeiro de San Cristóbal, informaron este xoves fontes da investigación.

A detención produciuse cara ás 22:00 horas deste mércores, despois de que veciños da zona alertaran de que unha muller deambulaba cun bebé mollado nos brazos con síntomas de afogamento.

Cando os axentes da Policía Nacional chegaron ao lugar tentaron reanimar o bebé e avisaron os servizos sanitarios de emerxencia.

A menor foi trasladada ao Hospital Insular Materno Infantil da capital grancanaria, onde faleceu.

A Policía manexa, entre outras hipóteses, a posibilidade de que a detida afogase á nena no mar. De feito, varios axentes estiveron rastrando as dúas praias anexas ao barrio tras descubrir o ocorrido, relataron testemuñas presenciais.

O Xulgado de Violencia contra a Infancia e a Adolescencia nas Palmas de Gran Canaria fíxose cargo do caso, investiga as circunstancias do sucedido e decretou o segredo do sumario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade