Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para un home detido por apuñalar outro en Cambre

Prisión para un home detido por apuñalar outro en Cambre

A Garda Civil detivo o presunto autor do apuñalamento no barrio do Temple, e a vítima tivo que ser trasladada ao CHUAC a causa das feridas

G24.gal 03/09/2026 12:57 Última actualización 03/09/2026 13:12

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa tras apuñalar outro home no municipio coruñés de Cambre.

Así o confirmaron fontes da Garda Civil consultadas, que detallaron que os feitos se produciron na vía pública na madrugada do sábado ao domingo no barrio do Temple.

A Garda Civil detivo o presunto autor do apuñalamento, e a vítima tivo que ser trasladada ao Complexo Universitario da Coruña (CHUAC) por mor das feridas.

O detido pasou á disposición da autoridade xudicial que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade