Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home en Pontevedra, que foi rescatado do interior dunha piscina

Morre un home en Pontevedra, que foi rescatado do interior dunha piscina

O suceso rexistrouse sobre as nove e media da mañá no lugar de Touceda

G24.gal 03/09/2026 13:01

Un home faleceu este xoves na parroquia pontevedresa de Alba despois de ser rescatado do interior dunha piscina. O suceso rexistrouse sobre as nove e media da mañá no lugar de Touceda, segundo informou o 112 Galicia.

Foi un dos familiares da vítima o que alertou aos servizos de emerxencia. Na súa chamada explicou que o home estaba inconsciente.

Os Bombeiros de Pontevedra confirmaron que, cando chegaron, xa conseguiran sacar á persoa da auga. Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 practicáronlle diversas manobras de reanimación, pero só puideron confirmar o seu falecemento.

A investigación sobre esta morte quedou en mans da Policía Nacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade