Prisión para tres dos seis xeorxianos detidos na AP-9 por roubos en varias zonas urbanas
Os outros tres quedaron en liberdade, pero con retirada de pasaporte e obriga de comparecer cada 15 días no xulgado
.png)
Tres dos seis cidadáns xeorxianos detidos o pasado venres pola Policía Nacional nunha peaxe da AP-9 foron enviados este luns ao cárcere despois de que a maxistrada do Xulgado de Instrución N.º 7 de Vigo acordase para eles prisión provisional comunicada e sen fianza.
Os seis detidos, todos eles investigados por un delito de roubo con forza das cousas, pertencen, presuntamente, a unha banda itinerante dedicada, segundo os investigadores, a roubar en distintas zonas urbanas.
Tres dos membros da banda quedaron en liberdade, con retirada de pasaporte, prohibición de saír do territorio nacional e obriga de comparecer cada 15 días no xulgado.
A Policía Nacional detívoos nun operativo despregado o venres pola tarde na peaxe da AP-9 en Alba, Pontevedra.
A banda desarticulada roubaba, presuntamente, en vivendas, fundamentalmente pisos.