Publicador de contidos

Prisión para os tres detidos supostamente implicados na morte dun home na Coruña

Prisión para os tres detidos supostamente implicados na morte dun home na Coruña

As persoas enviadas a prisión son dous homes e unha muller

Os detidos teñen antecedentes e son drogodependentes, segundo a policía

As investigacións sospeitan que puido ser un axuste de contas

G24.gal 24/11/2022 15:04

O xuíz envía a prisión as tres persoas detidas pola Policía Nacional supostamente relacionadas coa morte dun home de 42 anos, coñecido como o Malaguita, na rúa Biscaia da Coruña este sábado pasado pola mañá.

Os detidos, dous homes e unha muller, chegaban arredor das nove e media da mañá, pasaban a disposición xudicial no Xulgado da Coruña e declararon durante toda a mañá ante o xuíz.

A vítima atopouna morta na mañá do sábado, no seu domicilio, unha compañeira de piso, que foi a que alertou os servizos de emerxencia. Segundo fontes próximas á investigación, no momento dos feitos, sete eran as persoas que nese intre estarían na vivenda, entre elas a moza do falecido. Na xornada do luns, axentes da Policía detiveron un home, coñecido da vítima e pola veciñanza, pois conta con antecedentes por varios furtos e roubos con forza.

Os outros dous presuntos agresores e implicados no asasinato permanecían arrestados desde o martes.

Parece que todo apunta a que os tres implicados nos feitos, nun principio por un axuste por unha débeda, torturaron, golpearon e intentaron asfixiar a vítima. Segundo o informe forense, o home presentaba varias contusións e feridas. 

As investigacións apuntan a un axuste de contas por un tema de drogas, xa que os catro, vítima e detidos, son todos drogodependentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos