Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o xornalista que difundiu fotos da vítima da 'manada' de Pamplona

Prisión para o xornalista que difundiu fotos da vítima da 'manada' de Pamplona

O director do diario dixital La Tribuna de Cartagena será inhabilitado e deberá indemnizar a vítima

O xornalista acusara a vítima de borracha e de permitir as relacións sexuais cos condenados O xornalista acusara a vítima de borracha e de permitir as relacións sexuais cos condenados
G24.gal 12/01/2023 09:48

Condenado a tres anos de prisión o xornalista que publicou a foto da violación grupal da manada de Pamplona durante o San Fermín de 2016. É o director do diario dixital La Tribuna de Cartagena e impútanlle un delito contra a integridade moral en concurso con outro de revelación de segredos.

O xuíz imponlle ademais unha multa de tres mil euros e unha indemnización de 15.000 á vítima. No artigo, o xornalista, ademais de difundir datos persoais dela, acusábaa de ser unha borracha e de ter relacións sexuais consentidas cos cinco condenados da manada.

A sentenza sinala que, a raíz desa publicación, a moza tivo que abandonar España polos insultos e ameazas que recibiu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade