Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o home detido en Gran Canaria pola morte e desaparición da súa muller

Prisión para o home detido en Gran Canaria pola morte e desaparición da súa muller

O home, que asistiu ao rexistro da vivenda que compartía coa muller, recoñeceu que a matara durante unha disputa de parella e que se desfixo do corpo dividíndoo en pequenos anacos que foi deixando en lugares apartados do sur da illa canaria

Dixo que para facer os anacos utilizara unha serra, un coitelo e un martelo, pero a policía dubida de que puidese facelo con ferramenta tan básica

G24.gal 14/02/2025 13:24

O home detido en Gran Canaria por presuntamente matar e despezar a súa muller durante a pandemia ingresou xa en prisión. O presunto homicida, exgarda civil de 70 anos, dividiu o cadáver en anacos pequenos e desfíxose deles esparexéndoos polo sur da illa canaria.

Case cinco anos despois da súa desaparición na illa de Gran Canaria, o caso de María Dolores Llian está a piques de resolverse. A Policía Nacional detivo esta semana o seu home, un exgarda civil de Tráfico de 70 anos, como suposto autor da súa morte.

O home, que asistiu ao rexistro da vivenda que compartía coa muller, recoñeceu que a matara durante unha disputa de parella e que se desfixo do corpo dividíndoo en pequenos anacos que foi deixando en lugares apartados do sur da illa canaria.

Dixo que para facer os anacos utilizara unha serra, un coitelo e un martelo, pero a policía dubida que puidese facelo con ferramenta tan básica.

Os investigadores cuestionan tamén que fose capaz de desfacerse dos restos. debido ás restricións da pandemia que rexían no momento en que supostamente cometeu o crime.

Despois de pasar a disposición xudicial, a xuíza decretou o seu ingreso en prisión provisoria, comunicada e sen fianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade