Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para dous dos detidos nun operativo contra o tráfico de heroína en Cambados

Prisión para dous dos detidos nun operativo contra o tráfico de heroína en Cambados

A droga fora intervida en Portugal

G24.gal 22/09/2022 19:22

O Xulgado de Instrución número 2 de Cambados decretou o ingreso en prisión de dous dos tres detidos en Galicia durante a terceira fase dun operativo contra o tráfico de heroína na comunidade autónoma.

Nesta operación policial, que tamén ten ramificacións en Portugal, realizáronse doce arrestos desde o pasado mes de marzo e foron incautados 12 kg de heroína.

A droga foi intervida en Portugal, e está pendente de emitirse un informe do laboratorio sobre esta substancia, que aínda non está no xulgado porque as autoridades non querían alertar os investigados nas primeiras fases de que a operación seguía en marcha.

A titular do xulgado de Cambados enviou a prisión comunicada e sen fianza as dúas persoas detidas o pasado martes na comarca do Salnés, mentres que a terceira, que foi arrestada en Ponteareas, quedou en liberdade.

Esta última terá que comparecer semanalmente no xulgado. Retiróuselle o pasaporte, ao ter prohibido abandonar o territorio nacional.

Todos os detidos están investigados por un delito contra a saúde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade