Principio de acordo entre o Celta e Rafa Benítez para as próximas tres temporadas
"Ambas as partes confían en que a firma teña lugar o próximo mes de xullo coincidindo co inicio da pretemporada do equipo celeste", indica o Celta nun comunicado.
O Celta anuncia que Rafa Benítez será o adestrador do centenario do club:
"O Celta chegou a un principio de acordo con Rafa Benítez para que o adestrador madrileño poida dirixir ao equipo olívico este ano tan especial e outras dúas campañas máis", indica o club, confirmando así que o contrato será por tres campañas.
Preséntano como "un dos adestradores máis laureados da historia do noso país", mencionado os seus títulos e facendo un repaso polos« equipos de primeira orde mundial nas principais ligas europeas: Liverpool F. C., Chelsea F. C., Real Madrid C. F., Inter de Milán, Napoles, Newcastle United F. C., Valencia C. F., Everton F. C. e Dalian Prol F. C., Valladolid, Osasuna, Tenerife e Estremadura.
"Ambas as partes confían en que a firma teña lugar o próximo mes de xullo coincidindo co inicio da pretemporada do equipo celeste", iremata o Ceta no seu comunicado.