Cargando resultados...
Principio de acordo dos guionistas de Hollywood tras 146 días de folga
Principio de acordo dos guionistas de Hollywood tras 146 días de folga
Os guionistas de cine e televisión lograron pactar un novo convenio colectivo

G24.gal
25/09/2023 08:56
Principio de acordo dos guionistas de Hollywood que pode poñer fin a 146 días de folga, case cinco meses.
O pacto coa Alianza de Produtores de Cine e Televisión prevería a creación dun novo convenio colectivo, un incremento dos pagamentos polos royalties pola difusión de contidos nas plataformas e a garantía de que a intelixencia artificial non invadirá os créditos nin a compensación dos guionistas.
O acordo non afecta os actores, que, con reivindicacións semellantes, continúan co seu plante iniciado en xullo.