Primeiros problemas para a importación de materias primas procedentes da zona do conflito
"Temos problemas co millo", asegura a ministra de Industria, Reyes Maroto
Os empresarios rusos residentes en España e que manteñen negocios no seu país comezan a ter dificultades para os pagamentos
As bolsas non frean a súa caída. O IBEX 35 retrocede nestes momentos dous puntos. Malia que o Goberno dicía que España era o país que menos exposto estaba ás consecuencias económicas do conflito en Ucraína, hai sectores que xa as están notando. Empeza a haber problemas co abastecemento de materias primas como o millo.
A invasión de Ucraína por parte de Rusia vai afectar ao conxunto da economía española. Unha primeira evidencia é a suba dos produtos enerxéticos. E xa se complica o acceso a algunhas materias primas. "Temos problemas co millo", recoñece a ministra de Industria, Reyes Maroto.
O sector agroalimentario veuse afectado duramente pola situación entre Rusia e Ucraína. Xa o era dende o 2014. Polo descenso das exportacións a Rusia e agora pola dependencia dos fertilizante minerais rusos.
Cóntanos Anna Sergeeva, da cámara de comercio Hispano Rusa, que os empresarios rusos residentes en España e que manteñen os negocios no seu país xa están atopando problemas para facer fronte aquí aos seus pagamentos. Menos eficacia ve nas sancións para os oligarcas rusos. "Podemos definilas como histéricas", asegura Sergeeva.
Incerteza é a palabra que define a situacións dos empresarios rusos en España que ven como cada día que pasa se cancelan máis contratos.