Cargando resultados...
Primeira viaxe espacial dunha muller chinesa
Avances na construción da estación espacial da China, a Tiangong 2

G24.gal
08/11/2021 09:12
A China segue a construír a súa estación espacial modular, e este domingo dous dos seus astronautas saíron fóra a dar un paseo espacial para avanzar coa obra.
Hai trece anos, un destes dous astronautas xa dera o primeiro paseo espacial chinés. Este domingo, por primeira vez, unha muller chinesa estivo no espazo exterior. O que fixeron foi poñer un soporte para apoiar os pés e un banco de traballo para o brazo robot da estación.