Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiro día en prisión do Chioleiro pola investigación da muller atopada nunha maleta en Vigo

Primeiro día en prisión do Chioleiro pola investigación da muller atopada nunha maleta en Vigo

Alivio no seu concello, onde estaban aterrorizados por se volvía actuar

G24.gal 02/03/2024 14:49 Última actualización 02/03/2024 15:19

Primeira noite na prisión da Lama para José Manuel Durán González, alias o Chioleiro. Está investigado pola morte da muller que apareceu nunha maleta en Vigo. O xuíz de instrución catro de Vigo decretaba este venres o seu ingreso en prisión.

De ser declarado culpable sería o seu terceiro homicidio: matou e violou a súa avoa e tamén a súa veciña Alicia Rey na parroquia de Parada de Xende, tamén na Lama. Hoxe os irmáns desta segunda vítima lamentaban que ela non fose a última.

Respiran aliviados no barrio da Santana, tamén na Lama. Alí estaba a antiga residencia familiar dos seus pais onde o Chioleiro volveu ser visto tras saír de prisión hai un ano malia ter unha orde de afastamento.

Os veciños da Lama facían un control dos seus movementos coa axuda das forzas da orde. Sabían que vivía en Vigo pola zona de Balaídos pero tamén o vían habitualmente en Ponte Caldelas onde buscaba piso e na estación de autobuses de Pontevedra onde finalmente foi detido.

Todos lamentan que non seguise en prisión ou nun centro psiquiátrico para evitar así esta terceira morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade