Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirman o primeiro caso da variante ómicron en España cun viaxeiro procedente de Suráfrica

Confirman o primeiro caso da variante ómicron en España cun viaxeiro procedente de Suráfrica

O home, de 51 anos, permanece illado en corentena

O grupo de once españois atrapados en Suráfrica consegue voo para o martes 

Os viaxeiros de países de alto risco teñen que gardar corentena ao chegar a España

G24.gal 29/11/2021 18:14 Última actualización 19:55

O servizo de Microbioloxía do hospital Gregorio Marañón de Madrid confirmou o primeiro caso da variante ómicron da covid–19 en España nun viaxeiro procedente de Suráfrica que ten síntomas leves.

Este paciente, que, segundo a Comunidade de Madrid, ten 51 anos, está illado en corentena e regresou o pasado 28 de novembro de Suráfrica con escala en Ámsterdam.

O positivo por covid–19 detectouse no aeroporto de Madrid mediante un cribado con test de antíxenos. Dada a procedencia do paciente, o servizo de Microbioloxía do Gregorio Marañón secuenciou o virus por un procedemento ultrarrápido que deu resultados no mesmo día. Está contaxiado coa nova variante, o primeiro caso confirmado en España. Falta por saber se está vacinado ou non, algo que está por confirmar.

Tal e como establece o protocolo, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Comunidade de Madrid localizou e mantén en vixilancia todos os contactos estreitos do home que viaxaron con el no avión ata España.
 

Os españois atrapados en Suráfrica xa teñen billete de volta

En Baraxas hai algo máis de preocupación entre os viaxeiros e un incremento nas medidas de control á chegada a España. Polo demais, pendentes da entrada en vigor da corentena para os viaxeiros procedentes de sete países africanos, entre eles Suráfrica, Mozambique ou Namibia. Esta medida, publicada no BOE de hoxe, manterase durante dúas semanas coa intención de conter a variante ómicron.

Nos países africanos máis afectados pola variante ómicron hai nestes momentos uns 200 españois. Cento cincuenta están en Suráfrica e volverán en voos comerciais que aínda seguen operando con Europa. Ademais, o Goberno español enviará un avión a Mozambique para traer os españois que están alí, xa que ese país non ten voos ao vello continente.

O aparello ten 288 prazas. As embaixadas e consulados da zona tamén recibiron orde de enviar persoal aos aeroportos para atender os nacionais que o precisen.

O grupo de once españois atrapados en Suráfrica pola restrición de voos por mor da variante ómicron conseguiron reservar billetes para regresar o martes.

Forman parte dunha excursión de varios días por destinos turísticos de natureza no continente africano e tiñan previsto volver nun voo con escala en Istambul que foi suspendido.

O Ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares asegurou que as embaixadas están alerta para axudar e que ningún español vai quedar parado en ningún país do mundo por causa da covid–19.

Ómicron xa é a dominante en Suráfrica

A ómicron é a variante de coronavirus dominante en Suráfrica, menos de dúas semanas despois de que se detectara por primeira vez no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade