Publicador de contidos

Publicador de contidos

As primeiras horas de 2022 deixaron un tempo primaveral en Galicia

As primeiras horas de 2022 deixaron un tempo primaveral en Galicia

Nas próximas horas unha fronte deixará chuviscas, pero as temperaturas continúan altas

G24.gal 01/01/2022 18:44

O 2022 comezou en Galicia con temperaturas que son máis propias da primavera ou mesmo do verán que deste xaneiro. Nesta xornada rexistráronse marcas históricas.

Na Coruña por exemplo, nunca se alcanzaran os 23 graos nun mes de xaneiro.

 

En lugares como Baiona ou Ribadeo non baixaron dos 20 graos durante toda a madrugada

Galicia sairá o martes da súa influencia e as temperaturas volverán a normalidade.Pero aínda domingo e luns seguirán sendo altas para esta época do ano.

Despois do paso da fronte durante esta noite, o vento de compoñente sur será o que marque a tendencia meteorolóxica do domingo, cun ceo moi cuberto pola mañá con posibles chuviscas en zonas do oeste da comunidade, mentres que pola tarde espérase que o ceo clarexe polo leste e zonas do norte onde terán máis oportunidade de ver o sol durante o día. As temperaturas matinais ascenden e as máximas baixan, así e todo volverá a ser un día moi morno.

O vento do suroeste soprará intenso en áreas da costa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade