Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escaparates sen luz: entran en vigor as primeiras medidas de aforro enerxético

Escaparates sen luz: entran en vigor as primeiras medidas de aforro enerxético

A iluminación exterior dos monumentos mantense

O aire acondicionado estará como moito a 25 graos

A zona comercial de Santiago, cos escaparates apagados
G24.gal 10/08/2022 09:09 Última actualización 10/08/2022 14:48

Nova cara das cidades desde esta noite pasada. Foi a primeira noite de apagamentos e nas que as zonas comerciais quedaron ás escuras!

Pola contra, mantense a iluminación nos edificios históricos, como é o caso da catedral de Santiago. Con todo, Lugo decidiu apagar a iluminación da muralla e da catedral. 

Mantense a iluminación exterior dos monumentos, como a catedral de Santiago Mantense a iluminación exterior dos monumentos, como a catedral de Santiago

Limitar a 27 graos o uso do aire acondicionado no verán e a 19 graos a calefacción no inverno en edificios públicos, espazos comerciais e grandes almacéns, infraestruturas de transporte (aeroportos e estacións de tren e autobús), espazos culturais e hoteis, así como apagar as luces de escaparates e edificios públicos que estean desocupados a partir das 22.00 horas son as primeiras medidas que entraron en vigor este mércores.  

Así figura no primeiro paquete de medidas de aforro e eficiencia enerxética aprobado polo Goberno para reducir rapidamente o consumo de enerxía co obxectivo de cumprir cos compromisos europeos derivados do conflito en Ucraína. No caso de todas estas iniciativas terán unha vixencia ata o 1 de novembro de 2023.  

Centros sanitarios e hospitalarios, de formación (colexios, universidades ou garderías), salóns de peiteado, lavanderías, ximnasios e os medios de transporte en si (trens, avións, aeroportos, barcos...) quedarán excluídos da obrigatoriedade de limitar a temperatura, para non baixar dos 27 graos no verán nin superar os 19 graos no inverno.  

Tamén quedan exentos aqueles centros onde sexan necesarias exencións polas especificidades do sector, así como no caso de hoteis, as habitacións, que son de regulación privada. No resto do hotel (por exemplo restaurantes, cafetería, espazos comúns) si se aplicaría.  

Desta maneira, os límites de temperatura establecidos aplicaranse ao interior dos establecementos habitables que estean acondicionados, situados nos edificios e locais destinados a uso administrativo (incluíndo plantas ou zonas de oficinas, vestíbulos xerais e zonas de uso público), comercial (tendas, supermercados, grandes almacéns, centros comerciais e similares) e cultural (teatros, cinemas, auditorios, centros de congresos, salas de exposicións e similares), así como en establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas, restauración (bares, restaurantes e cafeterías) e transporte de persoas (estacións e aeroportos).  

Con todo, a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, precisou o pasado venres que bares e restaurantes poden limitar o uso do aire acondicionado á "contorna dos 25 graos", tendo en conta as recomendacións da lexislación laboral, fronte aos 27 graos que contempla o real decreto de medidas de aforro e eficiencia enerxética aprobado polo Goberno.  

Neste sentido, aclarou que os 27 graos aplicaranse "con flexibilidade" e puxo como exemplo que discotecas, cociñas e ximnasios necesitan unha temperatura distinta a outros espazos como unha librería.   

Os comercios e establecementos deberán xustificar cando non aplican o límite de temperatura no termostato, unha flexibilidade incorporada no decreto lei para protexer os dereitos da saúde laboral dos seus traballadores.

No que respecta ao apagado de iluminación de escaparates, o horario de apagado desde as 22.00 horas aplicarase exclusivamente á iluminación de escaparates e de edificios públicos que á devandita hora estean desocupados. Así, non se aplicará á iluminación ornamental de monumentos 

 Os espazos comerciais, edificios públicos, espazos culturais e hoteis que incumpran o plan de aforro e eficiencia enerxética aprobado polo Goberno afrontarán multas de ata 60.000 euros por infraccións leves, de ata seis millóns de euros polas graves e de ata 100 millóns de euros polas moi graves.   

Madrid di que cumprirá o decreto enerxético a pesar da súa repercusión negativa

O conselleiro madrileño de Presidencia, Xustiza e Interior, Enrique López, afirmou que a Comunidade vai cumprir o real decreto de aforro enerxético do Goberno central no marco das súas competencias mentres a norma estea en vigor “unha vez sexa recorrida” por Madrid e a pesar das "repercusións negativas" que cre que terá.

Así llo explicou nunha carta ao portavoz do PSOE na Asemblea de Madrid, Juan Lobato, quen este martes escribiu á súa vez á presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso, solicitando unha reunión “urxente” para analizar o contido do “suposto plan” do Goberno madrileño para contribuír ao obxectivo de aforrar o 7 % da enerxía que solicitou a Unión Europea.

A ministra de Xustiza defende que se trata dun decreto totalmente constitucional, e di que o PP e a Comunidade de Madrid terán que facer moita contorsión xurídica para demostrar o contrario.

No PP consideran que estas declaracións de Pilar Llop poñen de manifesto unha falta de respecto do Goberno de coalición á separación de poderes. E sobre as medidas do decreto advirten de que Sánchez aínda está a tempo, aínda pode rectificar, retirar o decreto e consensuar un novo plan.

Tras a posta en marcha das primeiras medidas este mércores, será o Pleno do Congreso quen deba convalidar o tecto ao finais de mes. Para sumar, di o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, é preciso que o goberno rectifique a súa postura de impoñer medidas que apagan o pequeno comercio

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade