Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tests de antíxenos non poden custar máis de 2,94 euros nas farmacias

Os tests de antíxenos non poden custar máis de 2,94 euros nas farmacias

Outros países europeos tamén teñen regulado o prezo destas probas 

G24.gal 15/01/2022 13:20

Desde este sábado os tests de antíxenos non poderán custar máis de 2,94 euros, un prezo regulado despois das queixas da cidadanía, que vía como o prezo se disparaba, especialmente durante as festas do Nadal. Ademais, só poden adquirirse nas farmacias.

España súmase así a outros países europeos que xa tiñan limitado o prezo dende hai tempo. En Portugal non poden superar o 2,10 euros nas boticas, aínda que tamén se poden atopar nos supermercados a un prezo máis baixo, 

En Francia teñen limitado o seu custo ata un máximo de 6 euros, aínda que hai colectivos vulnerables que poden acceder a estas probas de balde. 

No Reino Unido tamén son de balde para toda a poboación, que pode collelos en farmacias, bibliotecas ou centros de saúde. Mesmo se pode solicitar a entrega a domicilio. 

En Alemaña a venda limítase a farmacias e supermercados e a menos de dous euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade