Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros apoian o certificado covid como garantía para seguir abertos

Os hostaleiros apoian o certificado covid como garantía para seguir abertos

Queren evitar os peches e atrancos que xa se aparecen por Europa na hostalaría

G24.gal 28/11/2021 10:22

O presidente da Asociación Hostalería Compostela, Thor Rodríguez expresaba no programa informativo Bos Días da TVG o seu apoio á obrigatoriedade de mostrar por parte dos clientes o certificado covid para poder acceder ao interior dos mesmo.

Unha medida pactada pola Xunta e os representantes do sector.

"O certificado covid axuda a que hostalaría permaneza aberta e supón un beneficio nestes momentos porque non queremos que suceda o que pasa en Europa con novas restricións" aseguraba Thor Rodríguez.

No sector consideran que tras 18 meses de perdas en xullo comezou unha lenta recuperación e que agora que se albisca unha saída ao túnel, se deben de tomar medidas previas para evitarlle novos castigos á hostalaría.

" Esta vez a xente está concienciada e informada. Non hai altercados e vemos que os clientes en xeral toman con naturalidade a esixencia do certificado covid" dí Thor Rodríguez.

Os hostaleiros afronta con optimismo o mes de decembro coas pontes e o Nadal despois de perdelo en 2020 e queren que Galicia se poida promocionar como destino seguro.

"Hai un certo medo polo que pasa arredor de nós, en Portugal por exemplo e outros países de Europa, polo que agardamos que a xente colabore. Cremos que axuda que o 80 % da poboación estea vacinada e animamos ao 20 % restante a que o faga", insiste Thor Rodríguez.

A hostalaría quere evitar a toda costa un novo peche que suporía un golpe definitivo para o sector.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade