Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prevese que este luns compareza ante o xuíz o detido polo ataque de Alxeciras

Prevese que este luns compareza ante o xuíz o detido polo ataque de Alxeciras

Yasin Kanza ten 25 anos e estaba ilegalmente en España

O xuíz acúsao de asasinato e lesións con fins terroristas

Hai de prazo ata as 19:30 para que compareza na Audiencia Nacional

G24.gal 30/01/2023 08:15

Yasin Kanza pasa á disposición xudicial, en Madrid, ante o maxistrado da Audiencia Nacional Joaquín Gadea. Está acusado de asasinato e lesións cun instrumento perigoso con fins terroristas, e relacionan o que fixo co salafismo xihadista. 

Segundo os primeiros atestados da policía, o mércores pola tarde, en Alxeciras, Kanza entrou na igrexa de Santo Isidro con intencións descoñecidas e discutiu cos que estaban dentro. Marchou e volveu, agrediu o cura cun machete e atacou outra persoa máis. 

Despois, dirixiuse á igrexa da Palma, onde deu co sancristán e lle causou as primeiras lesións. Diego Valencia saíu e foi asasinado na praza. O auto do xuíz relata que o agresor alzou o machete, mirou ao ceo, berrou unhas palabras, entre elas, Alá, e deu o golpe mortal. 

Logo intentou entrar na ermida Europa, na mesma praza, pero alí xa o detivo a policía. 

Ducias de veciños foron testemuñas de todo isto. Alxeciras aínda está conmocionada e os fregueses da Palma estrañan o sancristán.

Yasin Kanza, de 25 anos, foi trasladado a Madrid. A Policía Nacional pediu prorrogar a súa detención para practicar máis dilixencias, como analizar as súas redes sociais e diverso material informático, buscando o rastro da súa presunta radicalización.

Kanza estaba ilegalmente en España e había un expediente de expulsión na súa contra. As autoridades marroquís indicaron que estivo a tratamento psiquiátrico en Tánxer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade