Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación por un novo 'raiacoches' en Vigo

Preocupación por un novo 'raiacoches' en Vigo

Os veciños da rúa Buxo piden vixilancia policial na zona para evitar que volva actuar

G24.gal 27/02/2023 14:24

Despois da detención do famoso raiacoches do Calvario, os cidadáns de Vigo estaban máis tranquilos, ata que xurdiu outro individuo que se dedica a facer o mesmo. Desta vez o problema téñeno os veciños da rúa Buxo. Atópanse cada día co problema das raiaduras e as rodas picadas.  

Unha veciña viuno dende o o seu balcón e di que se trata dun home con barba de entre 40 e 50 anos. Piden colaboración cidadá para localizalo. Os habitantes desta zona de Vigo din que a situación é insostible e piden vixilancia policial.   

Os danos que provoca este individuo estanlles a xerar graves prexuízos económicos aos veciños, que xa presentaron denuncia ante a Policía Nacional.      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade