Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas galegas, preocupadas pola crise coa Arxentina

Empresas galegas, preocupadas pola crise coa Arxentina

Só no sector pesqueiro están en xogo 250.000 euros en importacións e 5.000 postos de traballo

Pero a inquietude esténdese tamén ao téxtil, á automoción e á alimentación

Rueda di que traballará para evitar prexuizos ás empresas galegas na Arxentina

G24.gal 22/05/2024 14:14 Última actualización 22/05/2024 16:30

Ata o porto de Vigo chegan cada ano 50.000 toneladas de peixe e marisco importado da Arxentina por valor de 250 millóns de euros, sobre todo pescada austral ou negra que se comercializa para toda Europa. A crise preocupa o sector e pon en risco importantes investimentos. 

Preocupa tamén a repartición de cotas do que están pendentes os armadores con barcos na Arxentina. Pero o da pesca non é o único sector preocupado, a situación afecta tamén as exportacións de empresas galegas do téxtil, da automoción e da alimentación. 

Galicia é a comunidade autónoma con máis investimentos na Arxentina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos