Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda di que traballará para evitar prexuizos ás empresas galegas na Arxentina

Rueda di que traballará para evitar prexuizos ás empresas galegas na Arxentina

G24.gal 22/05/2024 10:02 Última actualización 22/05/2024 13:11

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que traballará para evitar prexuízos ás empresas galegas en Arxentina. En declaracións aos medios tras un acto na Coruña, Rueda dixo sobre o conflito entre España e Arxentina que en Galicia son "espectadores" de "esta pelexa que se está intensificando.

Censurou "que un ministro do Goberno de España dixese o que dixo sobre un presidente electo dun país", en referencia a cando Óscar ponte "chamou drogadicto" a Javier Milei, aínda que tampouco lle gustou "a contestación" posterior deste. Con todo, cre que o Goberno ten unha reacción "que non tivo noutros casos" e aínda que entende que a Pedro Sánchez "poida non gustarlle o que dixo o presidente Milei", considera que debe diferenciar que "unha cousa é o presidente do Goberno e outra é España". Nese sentido, advertiu sobre as posibles "consecuencias" para as "empresas galegas e españolas que están alí" e que dependen das decisións de Arxentina, ao que todo isto "non axuda en absoluto". 
O presidente da Xunta reclamara na súas redes sociais "serenidade e certezas" para poder desescalar "unha situación que non leva a ningunha parte".
Necesítanse serenidade e certezas e iso pasa por desescalar unha situación que non leva a ningures https://t.co/VCBgKl9IZB

Segundo Rueda, que recentemente viaxou ao país americano para apoiar os intereses das empresas galegas, "os galegos da Arxentina -uns 180.000- e as empresas que traballan alí non poden ser vítimas dunha irresponsable guerra de declaracións" entre os gobernantes de ambos os países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade