Cargando resultados...
Preocupación entre os veciños de Barbadás por varios incendios presuntamente provocados
O último tivo lugar na madrugada deste martes e afectou unha vivenda deshabitada na zona do Regueiro
G24.gal
18/02/2026 14:42
Prendéronlle lume primeiro a un colector, como distracción, e despois a unha casa abandonada. Segundo os servizos de emerxencia de Barbadás, é o mesmo modus operandi que teñen empregado xa noutras ocasións. Dende 2020 rexistráronse na zona do Regueiro, polo menos, sete lumes, catro deles en vivendas e un nunha adega. Sempre de madrugada.
Os veciños están preocupados. Por agora, din, non provocaron máis que danos materiais, pero temen consecuencias maiores. As forzas de seguridade investigan o acontecido. Dende o Concello xa reclamaron máis vixilancia na zona.