Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación dos mariñeiros pola vaga de roubos no porto de Ribeira

Preocupación dos mariñeiros pola vaga de roubos no porto de Ribeira

Varias embarcacións sufriron cuantiosos danos e os mariñeiros piden máis vixilancia

Ademais dos danos colaterais, algúns barcos calculan as perda económicas arredor duns dez mil euros

G24.gal 09/06/2023 16:40 Última actualización 09/06/2023 18:55

Preocupación no porto de Ribeira tras a vaga de roubos que sufriron esta fin de semana en diversas embarcacións, e non é a primeira vez. De seguir así, algúns mariñeiros din que van ter que durmir nos barcos para protexer os aparellos máis valiosos. 

Desde a confraría din que é unha situación que se repite no tempo e que supón un grave prexuízo para o sector. Desta volta roubaron aparellos en tres barcos, e nalgúns casos valorados en dez mil euros. 

José Millares é un dos afectados pola última vaga de roubos que tivo lugar no porto de Ribeira durante esta fin de semana. A súa embarcación quedou sen radar e sen plotter, ademais dos danos colaterais, en total calcula unha perda económica duns dez mil euros. 

Por riba, algúns barcos non son doados de asegurar pola súa antigüidade, o que agrava aínda máis a situación. E se volven facer o investimento, os mariñeiros non marchan tranquilos para a casa.

Din que adoitan actuar pola noite ante a falta de medidas de seguridade no recinto. Os mariñeiros pensan que a solución pasa por colocar cámaras de seguridade ou un vixilante, ademais dun acceso limitado aos embarcadoiros.

Portos de Galicia traballa nun sistema de acceso con tarxeta identificativa para entrar aos pantaláns, que tamén lles podería facilitar luz e auga, pero de momento non funciona. Todos os roubos foron tamén denunciados ante a Policía Nacional e os traballadores do mar piden medidas urxentes para rematar con este problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade