Cargando resultados...
Prenden un mozo na Coruña tras acoitelar o seu irmán por unha discordia familiar
Dous irmáns de nacionalidade dominicana protagonizaron unha pelexa que rematou co irmán máis novo ferido leve tras recibir un corte no ventre cun coitelo de cociña

G24.gal
04/07/2022 14:18
A Policía Nacional prendeu un mozo de 23 anos e identificou outro que ía con el tras acoitelar o seu irmán de 16 por, presuntamente, unha discordia familiar.
Aconteceu na céntrica rúa coruñesa do Santo André contra as cinco da madrugada deste domingo. Daquela, dous irmáns de nacionalidade dominicana protagonizaron unha pelexa que rematou co irmán máis novo ferido leve tras recibir un corte no ventre cun coitelo de cociña.
Ao lugar dos feitos desprazáronse ata tres patrullas da Policía Nacional, que prenderon o suposto agresor.