Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preestrea do documental da TVG ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’

Preestrea do documental da TVG ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’

Dirixido por Pablo Couto García, e producido en exclusiva para a canle pública, recupera a historia da emigración galega a Guinea Ecuatorial

G24.gal 14/08/2026 11:28

O Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial de Quintela de Leirado (Ourense) foi escenario este xoves da presentación do documental ‘Galegos na selva. Os anos de Guinea’, producido en exclusiva para a TVG no marco do apoio da canle pública ao audiovisual galego. O seu director, Pablo Couto García, recupera recupera a historia da emigración galega a Guinea Ecuatorial a través de testemuños e experiencias que permiten achegarse á vida dos galegos naquel territorio durante o período colonial.

A presentación tivo lugar precisamente no Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial, un espazo dedicado a conservar e divulgar a memoria desta emigración e a súa importancia para a historia de Galicia, e moi especialmente na provincia de Ourense. No acto púxose en valor a memoria dunha emigración que continúa a ser unha historia pouco coñecida para boa parte da sociedade galega.

Interviñeron Benita Sampedro Vizcaya, profesora da Universidade de Hofstra (Nova York); Pablo Pérez Pérez, director do Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial; José Antonio Pérez, alcalde de Quintela de Leirado; Pablo Couto García, director do documental, e José Carnero Cameselle, guionista do documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade