Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prealerta de seca na maior parte de Galicia-Costa

Prealerta de seca na maior parte de Galicia-Costa

A conselleira de Infraestruturas di que o abastecemento está garantido

Ethel Vázquez recomenda un consumo responsable de auga

G24.gal 07/02/2022 13:25

O Goberno galego declarou a prealerta por seca en 12 sistemas de explotación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, o que supón unha "alerta anticipada" e suporá un aumento da vixilancia e control da situación hidrográfica e o reforzo da cooperación e intercambio de información co resto de administracións, como os concellos e o resto das demarcacións.

Anunciouno a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta mañá nunha conferencia de prensa. Ethel Vázquez subliñou, deseguido, que o abastecemento está "garantido" tanto nas zonas onde a subministración depende de encoros, nos que o seu nivel de auga almacenada está dentro dos indicadores normais, as subministracións alimentadas por caudais circulantes, aínda que estes son "máis vulnerables" se a situación non mellora.

A Xunta opta por declarar a prealerta en 12 dos 19 sistemas Galicia-Costa, desde o río Verdugo, a ría de Vigo e Baiona ata o río Mandeo e a ría de Betanzos, agás a zona máis setentrional de Ferrol e A Mariña. Faino tras detectar "dúas anomalías claras" en canto aos niveis de precipitación e caudais circulantes. Ademais, o indicador de predición meteorolóxica tampouco é favorable, posto que prevé a "presenza continua de anticiclóns e déficit de precipitacións".

 A Xunta insta ao consumo responsable dos cidadáns, concellos e comunidades de veciños coa fin de optimizar as fugas de auga.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar