Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plantas e animais tamén sofren coa calor

Plantas e animais tamén sofren coa calor

En pleno apoxeo das hortas, convén tomar precaucións para evitar que sequen

A primeira hora do día é a mellor para regar

G24.gal 13/06/2026 14:19

Á mañá, pola fresca é o mellor momento para regar. Nutrintes para que aguanten o resto do día.

"Bótaslle auga por abaixo pero por arriba queima o sol todo. Teño alí arriba unhas fabiñas que xa están queimadas", comenta  unha muller.

A case 40 graos nas horas centrais do día, as prantas máis fráxiles, practicamente arden.

"Por exemplo, os tomates botan a flor e cae abrasada". "Eu teño que arrancar dous tomates que están secos porque, por máis que regues...", din dúas veciñas de Ourense.

As cabaciñas, pola contra, seguen medrando con forza.

"Gústalles o calor e están a tope. Dun día para outro xa hai cabaciñas", explica Teresa, que cultiva un horto urbano en Ourense.

Fanlles parapetos para reducir o impacto do sol directo, pero o que aconsellan os expertos, sobre todo, é ser coidadosos coas regas. Levar a auga ó pé da pranta e non ás follas.

"Regar o pé, nada de regar con mangueira por arriba porque, se deixamos a pranta húmida, coa calor proliferan fungos e bichos", conta Marcos Manso, vendedor de produtos para a horta.

Tamén os animais sofren con tanta calor e buscan o acubillo das sombras e auga fresca.

"Non saben onde meterse. Están moito na terra, escarbando para se refrescar", explica Fina, que ten galiñas e ocas en Alongos (Toén).

Fina ocúpase de lles manter os bebedoiros cheos, con auga fresca, e tamén un pequeno estanque para os patos e as ocas. "Téñolles caldeiros con auga e, cando baleiran a piscina, vólvolla encher".

Como as persoas, pasan as tardes á sombra e non se reactivan ata o final do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade