Prado e Fernández tentarán recuperar en Suecia as boas sensacións
Jorge Prado estivo afastado dos primeiros postos por unha enfermidade e Rubén Fernández non puido participar na última proba por lesión
No Gran Premio de Suecia de MXGP houbo sorpresa na carreira de cualificación. O australiano Evans gañou na xornada deste sábado por diante de Gajser, líder do mundial. Os galegos non puideron pelexar pola vitoria. Jorge Prado foi o quinto nunha carreira na que foi de menos a máis, e Rubén Fernández acadou a décima posición. Non quixo arriscar no día da súa reparación logo dunha fractura nun brazo.
Agora mesmo, a catro probas para a finalización do campionato, calquera erro dos rivais entregaría en bandexa un novo título ao esloveno. Sería o quinto.
As carreiras verémolas en directo na G2 e G24 ás 14:00 e ás 17:00 horas.