Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado chegará a Madrid en plenitude logo do podio en Sardeña

Prado chegará a Madrid en plenitude logo do podio en Sardeña

Viña dunha lesión que o afastou dun gran premio e estivo moi por riba do agardado

En Madrid, a última fin de semana de maio, tentará repetir o triunfo do ano pasado

G24.gal 16/05/2022 21:40

Outra proeza de Jorge Prado campionato do mundo de motocrós. Recuperándose aínda dunha lesión grave no ombreiro, fixo podio no GP de Sardeña, en Italia. Agora o de Lugo pensa xa en Madrid, e en recurtarlle aínda máis puntos na xeral ó líder Gajser.

A última fin de semana foi propicia para o lucense. Non agardaba estar entre os mellores e só foi superado polo sorprendente Calvin Vlaanderen. Pola contra Tim Gajser, líder sólido do MXGP, tivo a peor fin de semana de toda a temporada sen poder pisar o caixón. 

A vindeira proba levará o campionato a Madrid. O circuíto de Arroyomolinos (29 de maio) é unha cita moi especial para un Jorge Prado que tentará repetir o triunfo da temporada pasada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos