Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poxada por 6,5 millóns de euros unha cámara de fotos Leica do papa Francisco

Poxada por 6,5 millóns de euros unha cámara de fotos Leica do papa Francisco

Eses cartos vanse dedicar a obras de caridade por expreso desexo do pontífice, falecido no mes de abril

A poxa durou case dez minutos e resolveuse nunha competida batalla entre dous compradores telefónicos non identificados

G24.gal 22/11/2025 19:23 Última actualización 22/11/2025 20:40

Unha cámara de fotos que a marca Leica deseñou e regalou ao papa Francisco en 2024 foi poxada en Viena este sábado por 6,5 millóns de euros.

Eses cartos vanse dedicar a obras de caridade por expreso desexo do pontífice, falecido no mes de abril.

A cámara é unha creación exclusiva con corpo revestido en branco, en alusión á vestimenta papal e ten varios gravados, entre eles o lema de Francisco: "Mirouno con misericordia e elixiuno" ('Miserando atque Eligendo') e o escudo de armas do Vaticano.

Esta cámara única compleméntase cunha caixa de presentación deseñada exclusivamente para este equipo.

O prezo de saída fixado en 30 mil euros foi superado rapidamente. A poxa durou case dez minutos e resolveuse nunha competida batalla entre dous compradores telefónicos non identificados ata alcanzar os 6,5 millóns de euros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar