Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pouco fútbol e moito protagonismo do colexiado en Riazor

Pouco fútbol e moito protagonismo do colexiado en Riazor

O Deportivo protesta unha man de Yeferson Quintana dentro da área para evitar o tanto de Juergen

G24.gal 05/03/2022 20:58

Primeira metade moi trabada, con moita loita e pouco fútbol. A ocasión máis clara do Deportivo neste disparo de Jurgen que marchou moi desviado. O Rácing achegouse á area coruñesa nos últimos minutos do primeiro tempo. Boa xogada de Heber, remata David Rodríguez pero o colexiado sinalara falta do dianteiro.

Heber, moi activo pola súa banda, puxo este gran balón nada máis volver dos vestiarios. Alayeto non foi quen de rematar con contundencia. E o mesmo lle pasou a Villares nesta acción, mandouna fóra cando estaba completamente só.

A máis clara tívoa David Rodríguez a centro de Loureiro no minuto 65, gran para oo Dépor. Para o Dépor, Soriano pero topou coa perna de Fornos, o defensa das Pontes evitou o tanto.

Apertou o Deportivo ao final, e chegou a polémica. Man clara de Yeferson que non viu o colexiado logo dun tiro de Juergen despois dunha xogada embarullada. Ao final, o marcador non se moveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade