Publicador de contidos

Publicador de contidos

Posturas distantes entre os axentes sociais ás portas da negociación do SMI

Posturas distantes entre os axentes sociais ás portas da negociación do SMI

Os empresarios propoñen unha suba dun 1,5%

Os sindicatos elévana ao 7,5% con tributación 

G24.gal 10/12/2025 14:46

Coa mesa de negociación aínda sen data, os empresarios abren o debate da revalorización do salario mínimo interprofesional. "A suba tiña que ser cero, pero polo menos que sexa a que se formulou cos funcionarios.", propón Antonio Garamendi, presidente da CEOE.

Din os empresarios que o salario mínimo xa se sitúa por riba do 60% do salario medio, polo que limitan a suba a un e medio por cento. Unha cifra moi por baixo do obxectivo das organizacións sindicais. "A nosa proposta é que se suba o salario mínimo un 7 e medio por cento. E que poida comezar a cotizar a facenda", di desde a UGT Pepe Álvarez.

Ese cálculo do impacto tributario na contía do salario mínimo será unha das bases do informe encargado polo Goberno a un comité de expertos que servirá como punto de partida da negociación.

"Se o goberno de España ou unha parte do Goberno decide que tribute o SMI, compénsese a suba salarial e que sexa maior. Se é con tributación, xa lles digo que a suba vai ser relevante", adianta a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz. 

A proposta dos sindicatos deixaría o salario mínimo nos 1.273 euros brutos en 14 pagas, case 90 euros máis respecto do actual.





 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade