Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal intercepta dous barcos con 7 toneladas de cocaína na costa de Brasil

Portugal intercepta dous barcos con 7 toneladas de cocaína na costa de Brasil

Na operación 'Renascer' participaron efectivos da Policía Xudicial e a Armada lusa e da Forza Aérea portuguesa, para deter as embarcacións e impedir que transbordaran os fardos de cocaína a narcolanchas

Imaxe de arquivo de cocaína incautada nunha operación da policía portuguesa Imaxe de arquivo de cocaína incautada nunha operación da policía portuguesa
G24.gal 21/11/2025 20:37

As autoridades de Portugal interceptaron en alta mar dous barcos de pesca con máis de sete toneladas de cocaína que foi cargada na costa de Brasil, informaron este venres nun comunicado conxunto a Policía Xudicial e a Armada lusa.

A nota explica que había dez cidadáns estranxeiros, cuxas nacionalidades non precisa, a bordo desas embarcacións, que foron bloqueadas polas autoridades a unhas mil millas náuticas (uns 1.852 quilómetros) de Lisboa e que tiñan como destino Portugal.

A investigación iniciouse despois de que a forzas portuguesas recibisen información do Centro de Análise Marítima e de Operacións-Narcóticos (MAOC-N, polas súas siglas en inglés), que é unha iniciativa de cooperación na loita contra o narcotráfico integrada por oito países da UE, entre os que está Portugal e España, ademais do Reino Unido.

A información do MAOC-N advertía dun posible transporte de droga por vía marítima con destino a Portugal.

Segundo a PJ e a Armada lusa, os barcos, cuxo país de orixe non especifican, cargaría a cocaína ao longo da costa de Brasil.

Nesta operación, bautizada como 'Renascer' (renacer), non só participaron efectivos deses dous corpos, senón tamén da Forza Aérea portuguesa, para deter as embarcacións e impedir que transbordaran os fardos de cocaína a narcolanchas.

As autoridades de Portugal contaron coa colaboración da Policía Federal de Brasil, a axencia estadounidense antidroga (DEA, en inglés) e da Axencia Nacional do Crime (NCA) británica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade