Publicador de contidos

Publicador de contidos

CIG-Ensino e STEG anuncian dúas xornadas de folga do profesorado para o 16 e o 17 de decembro

CIG-Ensino e STEG anuncian dúas xornadas de folga do profesorado para o 16 e o 17 de decembro

Entre as principais reivindicacións están a baixada de cocientes, recuperación do horario previo aos recortes ou maior dotación de persoal para atender a diversidade

Imaxe das mobilizacións protagonizadas polos docentes o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela Imaxe das mobilizacións protagonizadas polos docentes o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela
G24.gal 21/11/2025 17:42

A CIG-Ensino anunciou que, xunto ao sindicato STEG, convoca dúas xornadas de folga de profesorado para os días 16 e 17 de decembro, "despois de que a consellería siga facendo oídos xordos ao clamor do persoal docente no curso máis conflitivo no ensino público galego desde hai 40 anos".

A folga afectará o persoal docente dos centros educativos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, é dicir, desde infantil, primaria, secundaria, FP e ensinos de réxime especial (conservatorios, escolas de idiomas e de arte).

Ademais, anunciou que estas dúas xornadas de folga terminarán o día 17 cunha "gran manifestación" en Santiago de Compostela, que sairá do Parlamento galego e finalizará na Xunta.

En canto á motivación destes paros, a CIG insistiu en que se a Xunta aproba o proxecto de orzamentos tal cal está agora mesmo na súa tramitación parlamentaria "hai moi pouca marxe de mellora en canto ás principais reivindicacións docentes -baixada de cocientes, recuperación do horario previo aos recortes ou maior dotación de persoal para atender a diversidade-.

Tamén sinalou, entre outras cuestións, que o número de profesorado presupostado "é o mesmo que os últimos catro anos", por todo iso, instou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, a "abrir negociacións de inmediato"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade