Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal exime do IVE os tests de antíxenos durante o ano que vén

Portugal exime do IVE os tests de antíxenos durante o ano que vén

Os residentes próximos á fronteira cruzan o Miño para beneficiarse do aforro

G24.gal 30/12/2021 14:02

En Portugal, os tests de antíxenos seguirán exentos do IVE durante todo o ano que vén. A medida que aprobou o executivo luso con carácter urxente incrementa as diferenzas co noso país. 

Cun custo inferior a tres euros, as farmacias portuguesas reciben unha grande afluencia de galegos que viven próximos á fronteira para mercar unha destas probas. O aforro pode superar os cinco euros por cada test. 

Nas boticas españolas os tests de antíxenos non baixan dos 4 con 90 céntimos. Ademais, nos últimos días a alta demanda fai que sexa difícil atopalos. 

Os tests de antíxenos xa estaban exentos do IVE en Portugal, agora o Goberno luso estende a medida para todo o ano que vén. España mantén o IVE reducido do catro por cento, pero o prezo non está regulado e fíxano as farmacéuticas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar