Portugal contabiliza 19 casos da variante ómicron
Os casos positivos no país veciño son os máis altos en 10 meses
O Concello do Porto cancelou todas as festividades de Aninovo
En Portugal as mortes por coronavirus son das máis baixas na pandemia, pero os contaxios continúan medrando considerablemente. Ademais os nosos veciños tamén miran de cerca a nova variante. Hoxe comunicaron que teñen localizados 19 casos da variante ómicron. Con todo, os expertos recoñecen que hai máis casos indetectados en circulación.
Neste segundo día inmersos no estado de calamidade con novas restricións, Portugal rexistra o maior número de positivos en 10 meses así que o propio primeiro ministro, António Costa, xa admite que probablemente vaian endurecer as restricións para o Nadal.
Na cidade do Porto, por exemplo, todos os festexos de Noitevella e Aninovo foron cancelados. Espérase que nos vindeiros días outras localidades tamén confirmen decisións semellantes.