Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Bergantiños asinaría non xogar un minuto máis, pero lograr o ascenso

Álex Bergantiños asinaría non xogar un minuto máis, pero lograr o ascenso

Álex Bergantiños: "Non creo que antes estivese perdido nin agora gañado"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 19/05/2023 11:45 Última actualización 19/05/2023 11:53

Álex Bergantiños insistiu este venres na relevancia do reto que ten por diante o Deportivo, antes que nas aspiracións persoais de cada un dos xogadores que forman parte do equipo branco e azul.

E fíxoo desde o seu propio exemplo persoal. Sen apenas minutos con Óscar Cano no banco, o capitán insistiu en que a chegada de Rubén de la Barrera, e os eloxios que este lle dedicou na súa presentación como novo adestrador do primeiro equipo, non teñen que supoñer un cambio de rol para o veterano futbolista:

"Non creo que antes estivese perdido nin agora gañado. Cambiou o adestrador, pero eu estaba preparado antes e agora", sinalou. 

O capitán do Deportivo sacrificaríase por ascender: 

"Asino non xogar ningún minuto de aquí ao final, pero conseguir ascender. É o que todos temos en mente. Non hai outra cousa. Sumar o máximo posible para que o equipo ascenda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar