Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón pide "unha participación masiva" para construír concellos “con máis futuro”

Pontón pide "unha participación masiva" para construír concellos “con máis futuro”

A portavoz nacional do BNG emitiu o seu voto a sede do CGAC de Santiago de Compostela

G24.gal 28/05/2023 12:42

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo este domingo un chamamento á “participación masiva” nos comicios para poder “construír concellos con futuro”.

Así o pediu a líder nacionalista despois de acompañar a votar á candidata do BNG á alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, que exerceu o seu dereito na Facultade de Historia mentres que, posteriormente, Pontón emitiu o seu voto a sede do CGAC da mesma cidade.

“Queremos facer un chamamento á participación masiva nas urnas porque o voto é o poder que ten hoxe a xente para decidir que políticas quere e que concellos e cidades queremos construír para o futuro”, proclamou Pontón.

O BNG aspira a que dos comicios de hoxe saian gobernos para concellos “que poñan no centro a vida das persoas” e así se constrúan vilas e cidades con “máis futuro e máis oportunidades para as persoas”. É importante, dixo, “votar con convicción e que hoxe sexa gran día para a democracia”. Pontón asegurou que afronta a xornada con “moita ilusión porque é un día importante e un día grande”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade